Gasoduto Trans-Mediterráneo
Gasoduto Transmediterráneo | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | Alxeria, Tunisia, Italia | |
Dirección xeral | sur-norte | |
Desde | Hassi R'Mel, Alxeria | |
Pasa por | Tunisia, mar Mediterráneo | |
Para | Minerbio, Italia | |
Información xeral | ||
Tipo | gas natural | |
Socios | Sonatrach, Sotugat, Eni | |
Operador | Sonatrach, Sergaz[1], TMPC | |
Encargado | 1983 | |
Información técnica | ||
Lonxitude | 2.475 km (1.538 mi) | |
Descarga máxima |
30.2 millóns de metros cúbicos ao ano |
O Gasoduto Transmediterráneo (TransMed; tamén Gasoduto Enrico Mattei) é un gasoduto de gas natural que vai desde Alxeria a través de Tunisia até Sicilia e desde alí á Italia continental. Unha extensión do gasoduto TransMed leva gas alxerino a Eslovenia.
Historia
[editar | editar a fonte]O gasoduto de Alxeria a Italia foi proposto na década de 1960. En 1969 realizouse un estudo preliminar de viabilidade e o primeiro levantamento de rutas en 1970. En 1974–75 realizáronse probas técnicas de colocación de tubaxes no mar Mediterráneo. En 1977 asináronse acordos de subministración e tránsito.[2]
A primeira fase do gasoduto foi construída en 1978-1983 e a segunda fase en 1991-1994. A capacidade do gasoduto duplicouse en 1994. En 2000, o gasoduto recibiu o nome de Enrico Mattei.
No outono de 1997, un atentado cortou o gasoduto en Alxeria durante cinco días.[2] O gasoduto foi catalogado baixo a Critical Foreign Dependencies Initiative dos Estados Unidos nun cable diplomático filtrado a WikiLeaks.[3]
O 28 de febreiro de 2010, un novo tramo de 549km completouse en Bir El Ater, provincia de Tebessa, o que se esperaba que aumentase a capacidade de transporte en 7000 millóns de metros cúbicos anuais.
Ruta
[editar | editar a fonte]O gasoduto comeza desde o campo de Hassi R'mel en Alxeria e percorre 550km até a fronteira tunisiana. En Tunisia, o gasoduto ten 370km até El Haouaria, na rexión de Cabo Bon, tras o cal cruza os 155km da Canle de Sicilia.[2] Toca terra en Mazara del Vallo, en Sicilia. A partir de aí, o gasoduto continúa 340km en Sicilia, 15km atravesando o estreito de Messina e 1055km pola Península Itálica até Eslovenia.[2]
Descrición técnica
[editar | editar a fonte]O tramo alxerino consta dunha estación de compresión e dúas liñas de 1'22m de diámetro. O tramo tunisiano consta de tres estacións de compresión e dúas liñas de 1'22m de diámetro.[2] En 2007, SCOGAT (Société pour la Construction du Gazoduc Transtunisien) adxudicou ao contratista italiano Saipem un contrato para dúas novas estacións de compresión de gas e a mellora das estacións de compresión existentes, permitindo aumentar a capacidade do tramo tunisiano en 6,5 bcm. As regalías polo transporte de gas que recibe Tunisia son 5,25 — 6,75 do valor porcentual do gas transportado. A sección offshore a través da Canle de Sicilia consta de tres liñas cun diámetro de 20 inches (510 mm) e dúas liñas cun diámetro de 26 inches (660 mm). En Italia, o diámetro de dúas liñas varía entre 1'07m e 1'22m.
A capacidade actual do gasoduto é de 30,2 millóns de metros cúbicos (bcm) de gas natural ao ano. Hai plans para ampliar a capacidade ata 33,5 bcm para 2012.
Operadores
[editar | editar a fonte]A sección alxerina é operada pola empresa estatal alxerina Sonatrach. A sección tunisiana é propiedade de Sotugat (Société Tunisienne du Gazoduc Trans-tunisien) e operada por TTPC (grupo Eni, 100%). A sección a través da Canle de Sicilia está operada por TMPC, unha empresa conxunta de Eni e Sonatrach. A sección italiana está operada por Snam Rete Gas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "4º Convegno ATIG" (PDF). Consultado o 3-2-2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark H. Hayes, Research Fellow, Program on Energy and Sustainable Development (May 2004). "ALGERIAN GAS TO EUROPE: THE TRANSMED PIPELINE AND EARLY SPANISH GAS IMPORT PROJECTS". Baker Institute. Geopolitics of Natural Gas Study: 9–11.
- ↑ "Wikileaks". 2009-02-18. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2010. Consultado o 03 de febreiro de 2022.